Friday 03 de May de 2024

O Val de Barcia, o escenario dunha plantación de tres exemplares de ruda e un de allo verde en lembranza a Luís Seoane


· Este evento estivo organizado por Lacrar e por figurandorecuerdo(s)edicións coa colaboración do Concello.

O Val de Barcia acolleu hoxe, sábado 5, o XVI Agasallo a Luís Seoane cunha plantación de tres exemplares de ruda e un de allo verde en honor ao libro que leva o mesmo título. O evento, organizado por Lacrar e por figurandorecuerdo(s)edicións en colaboración co Concello, levouse a cabo ante o monolito en lembranza do pintor.

O acto serviu, así mesmo, para presentar o libro “No interior do abandono”. Ao longo do mesmo interviñeron a editora da obra, Rosa Espiñeira, a crítica literaria, Inma Otero, e os autores, Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.

A través das fotografías de Carlos Lorenzo e das poesías de Baldo Ramos, o libro trata o abandono do rural galego. Trátase dunha reflexión sobre o valor que sempre tivo a contorna rural e que, desde hai anos, parece desprezarse.